Deporte e Aventura na Costa da Morte | LIBROS NÁUTICOS | Miscelánea | Librería Náutica cartamar. Libros Náuticos. Cartas Náuticas | Libreria nautica Cartamar. Libros nauticos. Cartas nauticas.

Catálogo - LIBROS NÁUTICOS - Miscelánea

Deporte e Aventura na Costa da Morte

Deporte e Aventura na Costa da Morte

Autor: VV. AA.
Editorial: Lea
Año de edición: 1.998
9788489947313
Encuadernación: rústica
212 pág.
17,0 x 24,5 cm.
16,85€

Contenido:

A Costa da Morte é, sen dúbida, un dos lugares máis fermosos de toda alicia, un punto onde a inmensidade do mar deixa que os ollos do visitante se sintan asolagados de soños e historias imposibles. Esta inmensa franxa de terra bañada polo Atlántico constitúe unha reserva natural e ecolóxica de primeira orde. Entre os seus moitos tesouros, por exemplo, hai que cita-la praia de Carnota, que é a máis longa de Galicia. Sen embargo, a Costa da Morte, escenario privilexiado que se sustenta sobre unha morea de lendas milenarias, non debe ser só coñecida polo seus accidentes xeográficos, polas súas fermosas paisaxes ou pola amabilidade das súas xentes. Hai unha serie de disciplinas deportivas que non só gozan dun gran número de adeptos nesa zona, senón que se benefician dunha serie de características inmellorables para a súa práctica.

Este volume que tes entre as mans pretende divulga-las excelencias dunha serie de modalidades, deportivas e, sobre todo, deixar constancia de que o escenario para a súa práctica non pode ser mellor ca este. Deportes como a monta a cabalo, o sendeirismo, o cicloturismo, o 4 por 4, a pesca de mar con cana, pesca submarina, pesca de río, a caza, o deporte da vela, o surf e o remo, atopan na Costa da Morte os lugares ideais para gozar do seu exercicio.

Cada un dos capítulos foi escrito por xente experta na materia, por auténticos especialistas que divulgan os seus coñecementos co propósito de que ti, lector, non só aprendas algo máis sobre un dos sitios máis fermosos da comunidade autónoma, senón tamén que te familiarices coa práctica dunha serie de modalidades deportivas que, ata hai ben pouco, só estaban ó alcance de poucas persoas.



Índice:

ÍNDICE

INTRODUCCIÓN

SENDEIRISMO
Práctica do sendeirismo
Recomendacións
Equipo básico para levar
Outras recomendacións
Itinerario a pé pola Costa da Morte
Ruta Xacobea da Costa da Morte
Os bos enderezos

CICLOTURISMO
Sobre dúas rodas
Equipamento
Técnicas
Rutas de estrada
Rutas de montaña
Os bos enderezos

RUTAS A CABALO
Xinetes na fin de século
Datos a ter en conta
Recomendacións
Equipamento
Rutas
Os bos enderezos

MOTOR 4 X 4
Salvando tódolos obstáculos
Recomendacións
Equipamento
Ruta
Os bos enderezos

CAZA
Certeiros e selectivos
Equipamento
Modalidades
Os bos enderezos

PESCA
- Pesca da troita
Equipamento
Técnicas
- Pesca de mar con cana
Equipamento
Zonas de pesca
- Pesca submarina
Recomendacións
Equipamento
Rutas
Os bos enderezos
Cartas náuticas

SURF
Cabalgando nas ondas
Recomendacións
Táboas
Técnicas de surf
Surf en longboard
Surf en bodyboard
Apuntamentos sobre competición
Ondas
Praias
Os bos enderezos

VELA
Co impulso do vento
Naufraxios
Descrición da costa
Rutas
Os bos enderezos

REMO
Cortando as ondas
Tipos de embarcacións
Equipamento
Recomendacións
O kaiak
Equipamento
Técnicas
Técnicas de rescate
Rutas
Cartas náuticas
Saída a ruta
Os bos enderezos

SUXERENCIAS PARA COMER E DURMIR

OUTROS ENDEREZOS DE INTERESE

BIBLIOGRAFÍA

Precio: 16,85 €, I.V.A. incluido (4%)

[ Volver ]