O Corsario | LIBROS NÁUTICOS | Historia | Piratas, Corsarios y Bucaneros | Librería Náutica cartamar. Libros Náuticos. Cartas Náuticas | Libreria nautica Cartamar. Libros nauticos. Cartas nauticas.

Catálogo - LIBROS NÁUTICOS - Historia - Piratas, Corsarios y Bucaneros

O Corsario

O Corsario

Autor: Alberto Fortes
Editorial: Xerais
Año de edición: 2005
9788497823796
Encuadernación: Rústica con solapas
127 Pág.
14,5 x 22,1 cm.
16,65€

Temporalmente sin existencias

Descripción:

Juan Gago de Mendoza , o señor do Chirleu, foi un dos capitáns e armadores corsarios máis coñecidos durante a guerra de guerrillas no mar contra os ingleses, a finais do século XVIII e, posteriormente, por organizala en terra contra os franceses como comandante das alarmas do Morrazo durante a Guerra da Independencia. Nacido en 1761 na Casa da Brea, na freguesía de San Tomé de Piñeiro, no camiño entre Marín e Cangas, capitoneou, xunto aos seus irmáns ( José Bernardo, Pedro e Antonio) e a bordo da súa pinaza Carmen, alias a Vencedora, algún dos episodios máis apaixonantes do corso galego, como a caza á que foron sometidos pola corbeta inglesa Kinisfin nos primeiros días de 1799. Froito dunha investigación rigorosa e moi documentada, Alberto Fortes ofrece un trepidante relato, onde a presenza constante do mar e a reconstrucción da biografía épica do Señor de Chirleu e dos membros da súa familia permítelle descubrir ao lector de hoxe a historia descoñecida do corso no sur das rías galegas.

Precio: 16,65 €, I.V.A. incluido (4%)

[ Volver ]