Catálogo - LIBROS NÁUTICOS - Naufragios
O Mergullador Atlántico
Autor: Fernando Patricio Cortizo
Editorial: Autor-Editor
Año de edición: 2021
9788409295234
Encuadernación: tapa blanda con solapas
238 pág.
16,0 x 22,0 cm.
20,00€
Descripción:
Non hai moitos nenos que medraran, desfrutando noite tras noite, dos lampos do mítico faro da Torre alumeando o seu cuarto na escuridade... e iso márcache para sempre.
Sendo rapaz principiei unha viaxe iniciática na praia de Santo Amaro (Montealto, A Coruña) rodeado de buzos, mariñeiros e percebeiros que rematou ao arribar á miña Ítaca particular: Camelle, capital da Costa da Morte por méritos propios.
Os trinta relatos que se publican neste libro son o resultado deste primixenio periplo, e tamén de ulteriores aventuras oceánicas que guiaron a miña proa a outras latitudes ao longo do litoral galego para, con perseveranza, afouteza e paixón, rescatar do esquecemento unha ínfima parte do fabuloso patrimonio inmaterial (memoria popular, tradición oral) vencellado á nosa xigantesca historia marítima e, como nos... aos naufraxios. Contos e relatos con salitre, gardados e custodiados nas privilexiadas mentes dos nosos maiores, que agroman ao redor do lume das lareiras, ao calor dunha cociña de leña, entre o balbordo das tabernas mariñeiras, polos recunchos dos peiraos, polas corredoiras costeiras e en calquera sitio que sirva para admirar a beleza engaiolante do noso mar.
Pechade os ollos e escoitade as lendas seculares que porta o vento... escoitade ás ondas que nos falan das traxedias mariñeiras.
Somos salitre.
Precio: 20,00 €, I.V.A. incluido (4%)
[ Volver ]