Catálogo - LIBROS NÁUTICOS - Fauna y Flora Marina
Peixes do Mar de Galicia (I). Lampreas, Raias e Tiburóns
Autor: X. L. Ródríguez Villanueva, Xavier Vázquez
Editorial: Xerais
Año de edición: 1.992
9788475076546
Encuadernación: cartoné
199 pág.
12,5 x 20,0 cm.
23,00€
Temporalmente sin existencias
Contenido:
A cultura do mar pasa, irremediablemente, pola identificación, coñecemento, amor e estudio dos seus principais protagonistas: os peixes. Velaquí un libro que participa destes catro aspectos, traballo de varios anos realizado con amor e adicación e que presenta agora a primeira panorámica totalizadora e sistematizada dun capítulo tan representativo do noso patrimonio natural.
Ámbolos dos autores son biólogos, cun amplo traballo de investigación e divulgación do mundo do mar de Galicia. E mesmo do mundo do mar onde traballan decote os galegos. Xavier Vázquez e Inspector Pesqueiro da CEE e Rodríguez Villanueva director dunha planta de cultivo integral de rodaballo, aspectos profesionais que complementan os seus traballos de investigación.
"Peixes do Mar de Galicia", con importante aparato fotográfico e coidadas ilustracións, ofrécese en varias entregas, dada a dimensión da obra e o amplo obxecto de estudio que pretendemos. Este primeiro tomo está adicado a algunhas especies moi populares, aínda que non tan ben coñecidas: a lamprea e o mundo das raias e dos tiburóns. Son os peixes cartilaxinosos. Os de estructura ósea trátanse nos vous volúmenes seguintes.
Precio: 23,00 €, I.V.A. incluido (4%)
[ Volver ]